Ir á receita en castelán
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
Voltamos cunha nova sobremesa, outra vez de amorodos e desas que non necesitan lume nin forno.
- Amorodos
- Iogur con azucre
- Azucre moreno
- Froita da paixón (maracuyá)
- Aceite de oliva virxe
Cinco ingredientes que nos van a dar como resultado unha excelente sobremesa.
O maracuyá ou froita da paixón, é unha froita que nos ven desde sudamérica e centroamérica. É unha froita cun lixeiro toque ácido.
- Lavamos ben os amorodos, quitamos o pedúnculo e cortamos en anacos.
- Poñemos os anacos dos amorodos nun bol e engadimos azucre o noso gusto. Damos unhas voltas e deixamos un par de horas na neveira, para que macere.
- Cortamos o maracuyá en dúas metades e sacamos cunha culler a polpa, tendo coidado de non raspar a pel interior.
- Poñemos a polpa nun bol. Podemos engadir un pouco de azucre (dependendo da acidez) e un fío de aceite de oliva. Remexemos e deixamos na neveira.
- Para o servizo, poñemos un fondo de iogur, por riba os amorodos e regamos ca polpa de maracuyá.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito