Ir á receita en castelán
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
As veces abres a neveira e atopas produtos que van quedando de outras preparacións.
É o momento de unha receita de aproveitamento.
- Pan
- Lombo de salmón ó forno
- Ovos de paspallás
- Maionesa
- Aceite
- Sal
O dito, as veces coincide pan que che queda, un resto de salmón ó forno do día anterior e uns ovos de paspallás que quedaron e aínda están en data.
Na cociña non se pode tirar nada e temos que reciclar todos os restos de comida que nos quedan. Darlle unha nova vida.
- Fritimos as tostas de pan e poñemos entre papel para quitar o exceso de graxa. Reservamos.
- Desmiuzamos cas mans o salmón e mesturamos con dúas culleradas de maionesa.
- Fritimos os ovos e salgamos.
- Montamos poñendo unha porción de salmón por riba da tosta e por riba o ovo de paspallás.
Xa vedes que ademais de aproveitar os restos, temos unha rica tosta en poucos minutos.
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito