Ir al contenido principal

Solombo de porco ó forno con verduras

Ir á receita en castelán
Unha peza do porco, que ben tratada resulta espectacular.


  • 1 solombo de porco mediano
  • Touciño en lonchas
  • 5 champiñóns
  • 1/2 cebola
  • 1/4 de pemento vermello
  • 1 porro
  • 1 cenoria
  • 2 culleradas pequenas de mostaza
  • 1 culler pequena de mel
  • 1 vaso pequeno de viño branco
  • 1 dente de allo
  • Aceite de oliva
  • Pementa negra
  • Sal
Despois de algunhas receitas de peixe, imos a dar un descanso e poñemos algo con carne. Imos a darlle un toque de verduras que lle vai a ir moi ben.
  1. Nun bol mesturamos a mostaza, a mel, a pementa negra e o allo picado fino. Mesturamos ben.
  2. Retiramos o exceso de graxas do solombo e untamos co adobo preparado e envolvemos cas lonchas de touciño. Deixamos repousar unha hora.
  3. Mentres cortamos a cenoria, o pemento e o porro en bastóns, a cebola en plumas e os champiñóns en láminas.
  4. Nunha tixola, con duas culleradas de aceite, pochamos as verduras a lume brando uns 10 minutos. Botamos o viño branco e deixamos evaporar ata case seco.
  5. Nunha fonte, que poida ir ó forno, poñemos as verduras estiradas e por riba o solombo.
  6. Levamos ó forno, prequecido a 200º, e deixamos facer uns 20/25 minutos.
  7. Para a presentación, poñemos un fondo de verduras, por riba un medallón de solombo e salseamos co zume que solte o asado.
Xa vedes que con algo moi fácil e rápido, imos a levar un prato de luxo a nosa mesa.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es