Ir á receita en castelán
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
Xa facía algún tempo que non publicaba unha sobremesa. Unha sobremesa na que un vinagre de calidade como o Albarro XPII, de Vinagres de O Ribeiro, xoga un importante papel.
- Fresas
- Iogur grego (se o topades de cabra mellor)
- Alfábega
- Azucre moreno
- Vinagre Albarro XPII ou outro pero de calidade
Pois si, imos a usar o vinagre nunha sobremesa, vinagre que vai a potenciar o sabor das fresas, e darlle ese punto ácido.
É preferible ser cautos co vinagre, podemos ir axustando o noso gusto con posterioridade.
Debemos lavar ben as fresas, pois non teñen pel e todo o que lle botan vai con elas. Sacar o pedúnculo despois de lavada para que non collan moita auga dentro.
- Lavamos ben as fresas, sacamos o pedúnculo e cortamos en anacos. Poñemos nun bol.
- Engadimos o azucre e o vinagre, remexemos e deixamos macerar na neveira. Como xa dixen, mais arriba, hai que ser prudentes co vinagre, sempre podemos axustar a posteriori.
- Para o servizo, batemos lixeiramente o iogur cunha culler e poñemos no fondo do prato de servizo, engadimos por riba unhas fresas e regamos co prebe da maceración. Picamos alfábega e engadimos.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito