Ir al contenido principal

Bacallau confeitado sobre piquillos caramelizados

Ir á receita en castelán
Pois si, volvo co bacallau que nos pode dar moito xogo, e satisfaccións na nosa cociña.

  • 1 lombo de bacallau (skrei ou desalgado)
  • Pementos do piquillo de Lodosa
  • Sésamo tostado
  • Ceboliño
  • Vinagre
  • Azucre
  • Aceite
  • Sal
Se vos decidides a preparar esta receita, ides a comprobar que na cociña da nosa casa, tamén se poden conseguir texturas fantásticas. Non vos ides a arrepentir.
  1. Poñemos o bacallau cuberto de aceite, a unha temperatura de 50/60º, durante uns 20 minutos.
  2. Mentres cortamos os pementos en tiras finas e os poñemos a pochar, uns cinco minutos, nunha tixola con dúas culleradas de aceite e a lume brando.
  3. Pasado o tempo engadimos unha cullerada de vinagre e dúas culleradas de azucre. Damos unhas voltas e deixamos que se nos vaian facendo, a lume brando, ata que tomen ese aspecto caramelizado.
  4. Neste punto, tedes que probar e axustar o voso gusto o vinagre e azucre.
  5. Deixamos atempar as dúas preparacións.
  6. Para o servizo, poñemos un fondo de pementos e por riba unhas lascas de bacallau. Regamos cun pouco de aceite do confeitado do bacallau e engadimos o sésamo e o ceboliño picado.
Decídeme que con poucos pasos e moita facilidade, ides a ter un prato de moita calidade na vosa mesa, Tedes que facelo.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es