Ir al contenido principal

Caldereta de bacallau Skrei e vieiras

Ir á receita en castelán
Estamos ca tempada do bacallau Skrei recen comenzada. Temos que aproveitar este peixe de carne branca e suave.

  • 2 lombos de bacallau skrei
  • 6 vieiras
  • Gambóns
  • Mexillóns cocidos
  • Caldo de peixe
  • 2 patacas
  • 2 dentes de allo
  • 1 cebola
  • Tomate triturado
  • 30 grs de améndoas tostadas
  • 2 rebandas de pan frito
  • Sal
  • Pementa negra
  • Aceite de oliva
Salvo o bacallau e as vieiras, os outros ingredientes do mar están o voso gusto. Ameixas, berberechos, gambas, etc.
Xa sabedes que o Skrei chega nestas datas ata as costas de Noruega e a súa tempada alcanza ata abril, maio.
  1. Picamos a cebola e un dente de allo. Poñemos a pochar a lume brando.
  2. Mentres se fai a cebola e o allo, pelamos e cortamos as patacas en anacos de bocado.
  3. Engadimos as patacas á cebola e damos unhas voltas. Cubrimos co caldo e deixamos que se vaian facendo a lume brando.
  4. Facemos un majado co pan frito, o outro allo e as améndoas. Engadimos as patacas.
  5. Cando lle falten uns cinco minutos as patacas, incorporamos tomate triturado ó gusto.
  6. Engadimos os lombos de bacallau en anacos, as vieiras, os gambóns e xa no final os mexillóns cocidos.
  7. Deixamos que se faga uns cinco minutos, dando movementos á cazola. Deixamos repousar, tapada, outros cinco minutos e para a mesa.
O meu consello é servir en prato sopeiro e acompañar cun bo pan.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es