Ir al contenido principal

Vieira con puré de coliflor e a súa allada de allo negro

Ir á receita en castelán
Unha combinación de mar e horta, para os amantes da coliflor.

  • 6 vieiras
  • 1/2 coliflor
  • 60 grs de manteiga
  • 2 dentes de allo negro
  • Pementón agridoce de la Vera
  • Sal en escamas
  • Aceite de oliva virxe
A coliflor non é dos produtos que despertan mais simpatías, pero é un vexetal que admite moitas preparacións. Este puré vai a ter moito sabor, pois imos a preparar a coliflor ó vapor, xa sabemos que a cocción ó vapor resalta mais os sabores.
A allada a imos a infusionar en frío. 
  1. Separamos en ramos, lavamos e poñemos a cocer ó vapor entre 15/20 minutos (comprobamos que estea tenra) a coliflor, a contar desde que ferve a auga.
  2. Nun bol botamos o aceite, o allo picado e o pementón. Remexemos ben, deixamos que infusione e que os residuos do pementón se vaia ó fondo.
  3. Trituramos a coliflor ca manteiga e sal, ata obter un puré fino.
  4. Poñemos unha cullerada de aceite nunha tixola, e facemos as vieiras un minuto e medio, aprox., por cada lado.
  5. Mentres se fan as vieiras, temos a crema nun cazo, a lume suave, sen deixar de remexer.
  6. Para o servizo poñemos unha base do puré no prato (tamén se poden usar as cunchas), por riba a vieira regamos ca allada e unhas escamas de sal.
De verdade que é sorprendente a mestura. Mais si non sodes moi amantes da coliflor, nin o intentedes.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es