Ir al contenido principal

Risotto de chipiróns na súa tinta en conserva

Ir á receita en castelán
Seguro que estades un pouco saturad@s de cociña. As nosas conservas van a darnos un descanso.
  • 2 latas de chipiróns na súa tinta
  • 160 grs de arroz (arborio ou carnaroli)
  • Pementón agridoce da Vera
  • 1 vaso pequeno de viño branco
  • Caldo de polo
  • Media cebola
  • Manteiga
  • Parmesano relado
  • Aceite de oliva
  • Sal
Imos a facer un risotto clásico, para darlle vida a uns chipiróns na súa tinta.
Coma sempre as conservas están aí, para facilitarnos a tarefa e poder combinalas con outras preparacións.
Poñemos en valor as magnificas conservas, que temos nesta terra que se chama Galiza.
  1. Picamos a cebola e a poñemos a pochar.
  2. Cando a cebola está no seu punto, engadimos o arroz e damos unhas voltas. Incorporamos o viño branco, remexemos e deixamos evaporar o alcohol.
  3. Temos o caldo quente e engadimos tres culleróns. Remexemos de cando en vez e imos engadindo caldo na medida que lle vaia facendo falta.
  4. Mentres se fai o risotto, poñemos a quecer os chipiróns, engadindo unha pouca auga para que o prebe nos quede liso.
  5. Cando o risotto estea listo engadimos un par de noces de manteiga e o queixo relado. Damos unhas voltas.
  6. Para o servizo, poñemos no prato unha base de risotto, sobre a que engadimos os chipiróns.
Veredes que ides a ter un prato cheo de sabor, usando as nosas amigas as conservas.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es