Ir á receita en castelán
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
Volvemos con un entrante que penso é moi atractivo, ademais de saboroso.
Para o salmón
- 200 grs de salmón en lonchas
- 150 grs de queixo de untar
- 75 grs de noces peladas
- 1/2 mango
- Follas de menta
- Mini cornetes
- 1 aguacate
- 1/2 ceboleta
- 1/2 tomate maduro
- Pirixel
- Zume de medio limón
- Mestura de pementas
- Sal e aceite
Dada a fácil execución do prato, merece a pena levalo á mesa como entrante nesa colección de pinchos que ides a facer nas festas.
Dicir que se pode, e se debe, preparar todo con antelación e rechear no momento de ir á mesa.
- Picamos a polpa do aguacate e regamos co zume do limón (para evitar a oxidación).
- Picamos fina a ceboleta e o tomate sen sementes, que engadimos ó aguacate.
- Facemos o mesmo co pirixel que tamén engadimos, o mesmo que as pementas e un chorro de aceite de oliva. Remexemos ben, pasamos a unha manga pasteleira e reservamos ó fresco.
- Nun bol, imos a mesturar o queixo ca menta.
- Engadimos o mango cortado en pequenos cadrados, e as noces picadas. Facemos que se integren ben todos os ingredientes.
- Forramos un molde ou cubitera de forma redondeada con anacos de salmón que sobresaia, enchemos con unhas boliñas da mestura de queixo, pechamos co salmón que sobresae e deixamos na neveira, ó menos unha hora antes do servizo.
- Enchemos os cornetes (non enchelos con antelación, pois abrandaría a galleta) co guacamole e pechamos o cornete ca bola de salmón recheo de queixo e mango.
Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito