Ir al contenido principal

Bocado de sobaos, queixo de cabra e turrón

Ir á receita en castelán
Que vos parece se cun bocado de sobremesa poñemos contentos os do doce e os do salgado.
  • 6 sobaos
  • 40 grs de turrón do duro
  • 1 mini rulo de queixo de cabra
  • 100 ml de tona para montar
  • 30 grs de chocolate de facer
  • Follas de menta
En primeiro lugar, indicar que cas cantidades que se poñen, imos a facer 12 bocados.
Esta receita a saco de Karlos Arguiñano, cociñeiro que xunto con Maruja Callaved, dignificaron, popularizaron a profesión de cociñeiro e levaron a variedade gastronómica as nosas casas.
Unha sinxela sobremesa que contrasta o doce e o salgado, cunha combinación que rematamos cun chocolate aromatizado ca menta.
  1. Preparamos unha bandexa de forno, cuberta con papel de forno.
  2. Cun molde pequeno recortamos os sobaos. Imos colocando na bandexa do forno.
  3. Colocamos por riba dos sobaos un círculo de queixo de cabra.
  4. Relamos o turrón por riba dos bocados e poñemos no forno a gratinar.
  5. Picamos unhas follas de menta.
  6. Mentres relamos o chocolate e poñemos a tona ó lume. Cando comence a ferver engadimos o chocolate e remexemos ate que se integre. Engadimos as follas de menta picadas e damos unhas voltas.
  7. Colocamos os bocados nunha fonte de servizo e regamos co chocolate reservado. Adornamos con pequenas follas de menta.
Para a presentación de esta sinxela e saborosa sobremesa, podemos usar uns pequenos pratos individuais, que farán mais sinxelo o seo servizo.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es