Ir al contenido principal

Leite fritida, turrón e crema de café

Ir á receita en castelán
Xa que no super nos están a por artigos de Nadal, empecemos a facer algo con eles.
  • 400 ml de leite enteira
  • 50 grs de Maicena
  • 50 grs de azucre
  • 100 grs de turrón (brando) de Jijona
  • 2 ovos
  • 1 vaso de tona
  • 1 culler pequena de café soluble
  • Fariña
  • Aceite 
En realidade é unha leite fritida, con sabor a turrón, en definitiva con sabor a Nadal.
As medidas, coma sempre, son orientativas. Podedes facer a leite fritida ca vosa receita e compretar co turrón e a crema.
  1. Poñemos a leite a quecer e engadimos o turrón cortado en anacos pequenos. Remexemos ata que o turrón se desfaga na leite.
  2. Mesturamos a Maicena e o azucre.
  3. Retiramos o leite do lume e imos engadindo, pouco a pouco, a mestura de Maicena e azucre.
  4. Levamos de novo ó lume e remexemos ate que engorde.
  5. Forramos unha fonte con plástico alimentario e vertemos a mestura. Tapamos con outro plástico e levamos á neveira para que colla corpo.
  6. Cortamos a masa en pequenos cadrados (ou o tamaño que vos guste) e pasamos por fariña e ovo batido. CONSELLO: sacudir o exceso de fariña e despois de pasados polo ovo, poñer nunha reixa para que escoe o exceso de ovo.
  7. Fritimos  e pasamos por papel absorbente para eliminar o exceso de graxa.
  8. Nun cazo poñemos a tona e levamos ó lume. Engadimos a culler de café e remexemos para que reduza e así, obter a crema.
Pois nada mais. Presentades os bocados acompañados da crema e que disfrutedes desta rica sobremesa con sabor a Nadal.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es