Ir al contenido principal

Fresas con anchoas

Ir á receita en castelán
Seguimos con preparacións de bocado. Neste caso trátase dun clásico de mestre Arzak.
  • 8 fresas
  • 16 anchoas
  • Zume de media laranxa
  • 50 grs de azucre
  • 15 grs de Vinagre do Ribeiro Albarro XPII
Para un bocado tan delicado, non nos quedaba outra que usar un vinagre que estivese á altura do mesmo.
Usei tamén unhas anchoas feitas ó modo antigo, que elabora unha coñecida marca de conservas. Penso que ese sabor, non tan salgado, favorece a delicadeza do bocado.
  1. Lavamos ben as fresas, retiramos o pedúnculo e cortamos pola metade.
  2. Mesturamos, nun bol, o azucre, o zume de laranxa e o vinagre. Maceramos as fresas no líquido durante uns 30 minutos.
  3. Despois do tempo de maceración, retiramos as fresas e levamos o liquido ó lume. Reducimos a un punto de caramelo suave. Reservamos.
  4. Servimos colocando as metades das fresas, pinchamos unha anchoa en cada metade e aliñamos ca redución reservada.
Non dubidedes que ides a triunfar na vosa mesa con este bocado. Ese ácido acaramelado vai a darlle un detalle especial ó prato.



Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es