Ir á receita en castelán
A receita de hoxe é con un dos peixes mais versátiles na nosa cociña.
- 2 supremas (xenerosas) de salmón
- Patacas de guarnición
- Allos tenros
- Aceite
- Sal
Xa vedes que con tres ingredientes, imos a facer un apetitoso prato. Está claro que para levar un atractivo prato a nosa mesa, non hai que complicarse moito.
- Pedimos na peixería que nos fagan dous filetes bos e que lle quiten a espiña central. As mais pequenas e a pel xa llas quitamos nos na casa. Lavamos, secamos e reservamos.
- Poñemos as patacas, peladas e pinchadas, uns dez minutos no microondas e na metade do tempo, dámoslle a volta.
- Cortamos os allos tenros en xuliana.
- Poñemos o forno a prequecer a 185ª
- Untamos unha bandexa de forno con aceite e poñemos as supremas de salmón, as patacas e os allos tenros repartidos. Salgamos e regamos cun fío de aceite.
- Levamos ó forno e deixamos que se faga entre 15 ou 20 minutos a 185º. O tempo vai a depender que como vos guste mais ou menos pasado.
- Servimos regando cun pouco do aceite da cocción.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito