Ir á receita en castelán
Que grandes son as nosas conservas. Versátiles para un montón de preparacións na nosa cociña.
- 1 litro de leite enteira
- 100 grs de fariña
- 100 grs de manteiga
- 2 latas de mexillóns de Galiza en conserva
- 3 culleradas do líquido de goberno das latas
- Noz moscada
- Sal
- Fariña (para rebozar)
- Ovo
- Pan relado groso
Andamos de novo a voltas cas conservas, nesta ocasión imos a probar a usalas nunhas croquetas que tanto nos gustan.
Para dicir a verdade, a idea é do meu bo amigo José Manuel García, que mo comentou hai uns días e, a min, faltoume tempo para poñerme mans á obra.
Levo moito tempo usando a mesma proporción de leite, fariña e manteiga e saen unhas suaves e cremosas croquetas.
- Escoamos os mexillóns do seu líquido de goberno (que reservamos) e os picamos. Reservamos.
- Poñemos a manteiga nun cazo, ó lume, e deixamos que se derreta, engadimos a fariña e remexemos de seguido. Deixamos que a fariña se cociñe para sacarlle o sabor. Vai a ir tomando unha lixeira cor marrón. Deixamos, un par de minutos, que perda un pouco de temperatura.
- Levamos, o cazo, de novo ó lume e imos incorporando os poucos o leite, que teremos quente, sen deixar de remexer, co fin de que non se nos pegue e non forme grumos.
- Co leite totalmente incorporado, seguimos remexendo e veremos como vai espesando. Teremos que seguir remexendo como uns 15 minutos e veremos, como a bechamel empeza a separarse dos laterais do cazo.
- Poñemos unha pizca de noz moscada (se pode ser recen relada) e sal, seguimos dando voltas e engadimos as tres culleradas do líquido de goberno, que mesturamos ben ca bechamel.
- Engadimos os mexillóns reservados, damos unhas voltas e vertemos nun recipiente. Cubrimos con plástico alimentario, facendo que toque a superficie da masa. Levamos á neveira e deixamos que colla corpo ate o día seguinte.
- Facemos as nosas croquetas dándolle a forma que mais nos guste, pasamos por fariña, ovo e pan relado. Fritimos e poñemos en papel de cociña para que perdan o exceso de graxa.
Listas para levar á mesa cunha ensalada, formando parte dun prato con ovos e patacas ou como vos mellor queirades.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito