Ir á receita en castelán
Unha receita que a pesares de ser un clásico da cociña, sempre gusta.
- 2 lombos (bos) de bacallau desalgado
- 2 pementos vermellos
- 2 cebolas medianas
- 2 allos
- Pirixel
- Sal
- Aceite
O bacallau é unha opción que sempre debe de estar presente na nosa cociña. Podemos xogar con el cun un montón de preparacións diferentes e todas elas saborosas. Se non queres perder o tempo co desalgado, hoxe hai opcións no mercado ca oferta de un bo produto, que xa ven desalgado.
O asado dos pementos e cebola, tamén o podemos facer na pota de cocción lenta Crock Pot: serían os mesmos pasos e deixar que se fagan catro horas en Alta. Apagamos e deixamos que baixen de temperatura dentro da pota.
O asado dos pementos e cebola, tamén o podemos facer na pota de cocción lenta Crock Pot: serían os mesmos pasos e deixar que se fagan catro horas en Alta. Apagamos e deixamos que baixen de temperatura dentro da pota.
- Pelamos as cebolas e lavamos os pementos. Untamos cebolas e pementos en aceite e os poñemos no forno, a 200º, entre 25/30 minutos.
- Rematado o asado, sacamos do forno e dixamos que temperen. Cortamos as cebolas en xuliana, retiramos a pel dos pementos e cortamos en tiras. Reservamos nun bol, cun pouco do zume do asado. NOTA: si podedes facer o asado de pementos e cebolas o día anterior, cortalo e gárdalo co seu zume e unhas gotas de vinagre, o prato vai a gañar en sabor.
- Dependendo do tamaño do lombo, cortámolo en dous ou tres anacos.
- Picamos os allos.
- Nunha tixola poñemos a dourar os allos. Cando vexamos que comenzan a tomar cor, engadimos o pemento e a cebola. Damos unhas voltas.
- Incorporamos os lombos de bacallau e facemos uns cinco minutos por cada lado. Coidado ó darlle a volta, pois pódense desfacer.
- Servimos un fondo de pemento e cebola no prato e por riba os lombos de bacallau. Poñemos un pouco de pirixel picado e listo.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito