Ir á receita en castelán
Estoume a iniciar ca famosa pota que cociña en baixa temperatura.
Levo feitas tres receitas e, de momento, os resultados foron mais que bos.
- Sardiñas (sen cabeza ni vísceras)
- Aceite
- Guindilla
- Sal
Evidentemente estou a mirar receitas feitas, para ir controlando tempos, cantidades de líquidos, etc. Falando con bos amigos que a teñen e recopilando datos.
Paréceme un cacharro sensacional para a cociña, que chegues a casa e atopes o xantar feito, en temperatura y con unha gran textura, non ten prezo.
De momento esta é a terceira receita que fago, con anterioridade fixen carrilleiras e costela BBQ. Dicir que as dúas saíron fantásticas.
- Colocamos as sardiñas no fondo da pota. Sen poñer unhas encima de outras.
- Salgamos, cubrimos de aceite e engadimos a guindilla.
- Programamos a Crock Pot 1 hora en baixa + 1 hora función quecemento.
- Retiramos as sardiñas a un recipiente axeitado e cubrimos co aceite.
Temos listas as sardiñas, para engadir a eses pratos de verao, ensaladas, tostas, etc, que tanto nos gustan disfrutar.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito