Ir al contenido principal

Salmonetes guisados e ameixas

Ir á receita en castelán

Vimos de estar ó lado do mar e seguimos con el na mesa, cunha receita de festa.
  • 3 salmonetes
  • 400 grs de ameixas
  • 6 dentes de allo
  • 3 ramas de pirixel
  • 1 cazo de caldo de peixe Knor
  • 50 grs de sofrito de tomate
  • 1 vaso pequeno de viño branco
  • 2 ceboletas
  • Fariña
  • Aceite de oliva
  • Sal
O salmonete de roca é un peixe de carne moi apreciada, con un bo sabor e carne compacta. Nada por augas do Mediterráneo e Océano Atlántico e o seu prezo é medio alto. Dunha bonita cor encarnada, que se debe a que lle quitan as escamas nada mais pescalo.
  1. Pedimos na peixería que os separen filetes e que nos poñan as cabezas e espiñas.
  2. Poñemos as ameixas en auga con sal (60 grs de sal por litro de auga) un par de horas, para que boten as areas.
  3. Nunha cazola, cun fondo de aceite, sofritimos as cabezas e espiñas do peixe. Mentres nun morteiro, facemos un adobo con catro allos e o pirixel. Unha vez feito incorporamos, o adobo, as espiñas e cabezas na cazola. Damos unhas voltas e deixamos que se faga uns 5 minutos.
  4. Pasado o tempo, engadimos o cazo de caldo, o sofrito de tomate e o vaso de viño. Deixamos reducir e engadimos unha pouca de auga. Deixamos que ferva uns 10 minutos e escoamos. Ten que quedar un caldo tirando a espeso.
  5. Nunha cazola ampla (vai ser a de cociñar o peixe) cun fondo de aceite, sofritimos as ceboletas e dous allos picados.
  6. Poñemos as ameixas nun coador e salpicamos unha pouca fariña, sacudimos ben para que chegue a todas e elimine a sobrante.
  7. Cando o sofrito de cebola e allo estea no seu punto, incorporamos as ameixas e un bo chorro de viño branco. En canto vaian abrindo, as imos retirando.
  8. Engadimos á cazola o caldo reservado e reducimos un pouco se foxe necesario.
  9. Poñemos os salmonetes na cazola e os guisamos uns 10 minutos. No último momento engadimos as ameixas e damos uns movementos para que se mesturen ben.
Xa me contaredes se vos mentín, cando ó principio vos falaba de un prato de festa. Un consello, poñede pan suficiente.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es