Ir al contenido principal

Salpicón de navallas en conserva, mango e prebe de piquillos

Ir á receita en castelán
De novo imos a preparar con conservas, un prato de acorde co verao que xa temos por riba.
  • 1 lata de navallas en conserva
  • Mango
  • Ceboleta morada
  • Pemento vermello
  • Pemento verde
  • 1 lima
  • Ceboliño
  • Pementos do piquillo
  • Aceite de oliva virxe
  • Sal
De novo facemos algo con conservas, que para o tempo vacacional que se aproxima, son moi prácticas na nosa cociña.
Neste caso usaremos unhas navallas en conserva, coma sempre, e de ser posible, usar unha conserva de calidade, o imos a notar no prato.
  1. Picamos, en cantidade necesaria, os pementos, o mango, a ceboleta e as navallas. Engadimos a pel da lima relada, un pouco ceboliño picado, mesturamos nun bol, salgamos e reservamos.
  2. Preparamos a vinagreta con zume da lima, un bo aceite de oliva virxe e líquido de goberno das navallas. A proporción: unha cullerada de zume de lima, unha cullerada de líquido de goberno das navallas e cinco de aceite de oliva virxe.
  3. Engadimos a vinagreta preparada as verduras e navallas picadas, damos unhas voltas e mesturamos ben. Tapamos cun plástico de cociña e reservamos na neveira.
  4. Poñemos seis ou sete pementos do piquillo no vaso do batedor cun fío de aceite e un belisco de sal. Batemos ben e reservamos.
  5. Cun fondo de prebe de piquillos, poñemos un golpe de salpicón por riba e adornamos cunha folla de ceboliño.
Se non queredes usar o zume de lima, podedes facer a vinagreta cun bo vinagre.
Xa veredes como este contraste de sabores vai a gustar na vosa mesa.
Podemos deixar o primeiro prato, preparado antes de baixar á praia.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es