Ir al contenido principal

Marmitako de luras

Ir á receita en castelán
Unha preparación que recorda ó bonito, pero que admite outros produtos.
  • 4 luras medianas
  • 1 tomate
  • 2 dentes de allo
  • 1 cebola
  • 1/4 de pemento vermello
  • 4 patacas grandes
  • 1 anaco de guindilla
  • 1 folla de loureiro
  • 1 cullerada de polpa pemento choriceiro
  • Caldo de peixe
  • Viño branco
  • Aceite de oliva
  • Sal
O marmitako é unha preparación eminentemente mariñeira. Ten as súa orixe nos mariñeiros vascos e cántabros, que facían, a bordo, esta preparación, de atún, pataca, pemento e cebola. Debe o seu nome ó utensilio que se usaba: a marmita.
Como comentaba mais arriba, é un guiso con atún, pero seguindo os pasos da receita, tamén podemos darlle vida con outros produtos.
  1. Limpamos ben as luras e cortamos en aneles. Reservamos.
  2. Picamos a cebola, o pemento e laminamos o allo. Picamos tamén o tomate.
  3. Nunha cazola cun fondo de aceite, facemos a cebola, o pemento e os allos. Deixamos facer uns minutos e engadimos o tomate e o pemento choriceiro. Deixamos que se faga lentamente o sofrito.
  4. Cando o sofrito estea listo, incorporamos as luras e damos unhas voltas para que se sofría o conxunto. Engadimos medio vaso de viño branco e deixamos que se evapore o alcohol.
  5. Engadimos ó conxunto as patacas, triscadas, unha folla de loureiro e o anaco de guindilla. Remexemos e cubrimos co caldo quente. Deixamos que levante o fervor e deixamos que se vaia facendo a lume brando.
Estamos diante dun rico e saboroso prato, que ademais é de moi fácil execución. Deberemos de acompañar de un bo pan, pois está para mollar. 

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es