Ir al contenido principal

Lemond curd, froitos roxos e laranxa sanguina

Ir á receita en castelán
Unha rica crema inglesa (a súa tradución literal sería: Limón callado), co punto de acidez e uns froitos roxos nun caldo de azucre.
  • 125 grs de azucre
  • 125 grs de manteiga
  • Reladura dun limón
  • Zume dun limón
  • Zume dunha lima
  • 2 ovos XL (ou 3 L)
  • Fresas
  • Framboesas
  • Arándos
  • Laranxa sanguina
  • Aceite de sésamo
  • Azucre
Esta típica crema inglesa, caracterízase por eliminar a leite como ingrediente e incorporar o zume de limón.
Na cantidade de zume de limón, vai a ir o punto de acidez. Para o meu gusto, co que poño nos ingredientes é mais que suficiente. Conseguimos un aroma a limón nunha sedosa crema.
Non sei vos, pero eu de neno coñecía estas laranxas coma laranxas de sangue.
  1. Deixamos que a manteiga se poña con textura de pomada.
  2. Picamos as fresas, pelamos a laranxa e cortamos en anacos. Mesturamos fresas, laranxa, arandos e framboesas e engadimos un par de culleradas de aceite de sésamo e o azucre. Remexemos e deixamos macerar na neveira, como mínimo 45 minutos.
  3. Nun bol poñemos o azucre, a reladura do limón, o zume do limón e o zume da lima. Batemos cas varillas, ata que todos os ingredientes estean ben emulsionados.
  4. Engadimos a manteiga e seguimos batendo, ata a total integración de todos os ingredientes.
  5. Poñemos o bol nun baño María, sen que ferva a auga, e imos removendo cas varillas de xeito continuo.
  6. Enchemos ca crema (dous terzos do recipiente) o vaso, copa, pequeno bol, etc e deixamos arrefriar na neveira, tapados con plástico de cociña pegado á superficie, para que non colla costra.
  7. Sacamos o recipiente escollido da neveira e completamos cos froitos roxos.
Veredes como ninguén na vosa mesa vai a quedar indiferente.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es