Ir á receita en castelán
Ademais de cocidos, á prancha, ó ajillo, con polbo, etc., tamén os podemos guisar.
- 24 gambóns
- 4 patacas grandes
- 150 grs de sofrito de tomate
- 1 cullerada de polpa de pemento choriceiro
- 1 porro
- 1 cenoria
- 1/4 de pemento vermello
- 1/2 cebola
- 1 dente de allo
- Aceite de oliva
- Sal
O gambón é un crustáceo de carne suave e que non necesita moita cocción. É un produto que admite un montón de preparacións, pero que non podedes deixar de probalo en guiso.
- Pelamos os gambóns reservando, por un lado as colas e por outro as cabezas e peles.
- Cortamos o porro e a cenoria en rodelas. Damos unhas voltas nunha cazola con un pouco de aceite e engadimos as cabezas e peles reservadas. Sofritimos todo xunto, salgamos e cubrimos con auga. Iremos retirando as espumas das impurezas.
- Deixamos que se faga uns 15/20 minutos, colamos e reservamos o caldo.
- Picamos o dente de allo, a cebola e o pemento vermello. Deixamos que se vaia facendo lentamente.
- Cando estea o conxunto ben pochado, engadimos o sofrito de tomate e a cullerada de polpa de pemento choriceiro. Remexemos ben e deixamos facer uns minutos.
- Cortamos as patacas en anacos de bocados, pero chascando no último momento do corte. De esta maneira aproveitaremos o amidón, da propia pataca, para engordar o prebe do guiso.
- Engadimos as patacas á cazola, damos unhas voltas e cubrimos con caldo. Deixamos que se fagan. Si ó final ves que o prebe non engorda, sacas dous o tres anacos de pataca, cháfalos cun garfo e os devolves ó cazo.
- Cando xa ves que están as patacas, incorporas as colas dos gambóns e damos un par de voltas. Retiramos do lume e xa rematan de facerse co calor residual.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito