Ir á receita en castelán
Probamos de novo o vinagre Albarro, de Vinagres do Ribeiro, nesta ocasión ca súa versión XPII.
- Sandía
- Queixo de cabra (rulo)
- Xamón
- Xerminados
- Aceite de oliva virxe
- Vinagre Albarro XPII
Nesta ocasión estamos ante un vinagre mais aromático e con maior forza, a súa cor xa o fai adiviñar.
Cando digo maior forza, non quero dicir que nos vai a ocultar os outros ingredientes, quero dicir que ten a virtude de deixarnos compartir unha froita fresca e como contrapunto dous ingredientes (queixo cabra e xamón) de intensidade, dándolle a cada un un excelente toque aromático.
Gran traballo o que fai Xoan Pablo Lorenzo, elaborando artesanalmente un produto gourmet e de gran calidade.
- Preparamos unhas láminas de sandía como de medio cm de grosor.
- Poñemos o xamón, entre dous papeis de cociña, no microondas. Imos dando golpes de 30 segundos ate ver esa cor tostada. Deixamos arrefriar para que colla consistencia.
- Desfacemos o queixo en anacos pequenos, sobre a lámina de sandía e arredor dela.
- Facemos o mesmo co xamón crocante.
- Cubrimos cuns xerminados.
- Mesturamos o aceite e o vinagre (nunha proporción de tres a un) e batemos para emulsionar. Regamos ca mestura e levamos a nosa mesa.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito