Ir á receita en castelán
Que vos parece se preparamos unha rica ensalada, xa que parece que ven o bo tempo.
- Bacallau desalgado
- Mexillóns cocidos
- Ceboleta
- Tomates kumato
- Olivas negras
- Ceboliño
- Vinagre
- Aceite de oliva virxe
- Sal
O outro día preparamos un saboroso arroz de bacallau e mexillóns.
Pois ben, con parte do que me sobrou, preparamos unha rica ensalada que xa empezan a apetecer.- Cocemos os mexillóns do xeito tradicional, separamos a carne das cunchas e reservamos.
- Desmiuzamos, cas mans, o bacallau. Reservamos. Facelo cas mans da un pouco mais de traballo, pero o resultado final é moito mellor.
- Pelamos os tomates e cortamos en rodelas. Reservamos.
- Cortamos fina a ceboleta, as olivas pola metade e picamos o ceboliño (pode ser cambiado por pirixel).
- Nun bol preparamos o aliño da ensalada. Eu normalmente mesturo nunha proporción de 3/1 de aceite e vinagre. Batemos ben para emulsionar.
- Mesturamos o bacallau, os mexillóns, a ceboleta, as olivas e o ceboliño. Aliñamos e remexemos ben.
- No prato de servizo poñemos unha capa de rodelas de tomate e salgamos. Repartimos por riba a mextura e salgamos con sal maldon.
Xa vedes que de forma moi sinxela, xa temos unha rica ensalada para levar a nosa mesa.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito