Ir al contenido principal

Suprema de bacallau e timbal de patacas

Ir á receita en castelán

Se o outro día vimos unha receita contundente de carne, hoxe unha receita suave con bacallau.
  • 2 supremas de bacallau
  • 2 patacas medianas
  • 2 tomates rama
  • 1 cebola morada
  • Aceite de oliva
  • Sal e pementa
Continuamos con receitas fáciles de execución, con ingredientes ó alcance de tod@s e de vistosa presentación. Nin que dicir ten que a todo o dito con anterioridade, hai que sumarlle que é moi saborosa.
  1. Cortamos as patacas en rodelas finas e facemos o mesmo ca cebola, que podemos cortar en aros ou plumas. Pelamos os tomates e tamén cortamos en rodelas.
  2. Nunha tixola con aceite facemos as patacas e a cebola a lume brando, facemos unhas patacas panadeira.
  3. Mentres se fan as patacas e a cebola, nun recipiente que poida ir ó forno e untado de aceite, poñemos as rodelas de tomate, salgamos e deixamos que se nos faga no forno. Reservamos
  4. Retiramos as patacas e a cebola a un prato e sin aceite, a tixola, damos cor ó bacallau pola parte da pel.
  5. Na bandexa de forno poñemos dous moldes, facemos unha primeira capa de patacas e cebola, unha segunda co tomate asado e por riba a peza de bacallau ca pel para riba. Facemos no forno prequecido, entre 10/15 minutos, segundo nos guste a textura do peixe, a 185º.
Pasamos os pratos de servizo e levamos quente para a mesa. Seguro que vos vai a gustar.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es