Ir al contenido principal

Polbo marinado sobre masa follada

Ir á receita en castelán
Hoxe imos a darlle un toque oriental a unha receita con polbo.
Seguramente resulta atrevida, pero o resultado é realmente bo. 
  • 350 grs de polbo cocido
  • 30 grs de prebe de soja
  • 50 grs de aceite de sésamo
  • 10 grs de xenxibre relado
  • 1 dente de allo grande relado
  • Ceboliño
  • Wasabi (ó gusto)
  • Pel relada de unha lima
  • 1 lámina de masa follada
O outro día poñendo un pouco de orden, topeime cunha carpeta que estaba medio agochada e con síntomas de levar tempo sen que ninguén lle fixese caso.
Pois ben, nesta carpeta topei uns apuntes desta receita que, que pola data, é de hai uns cinco anos e que agora rematei por facer. 
Fago un cambio nas proporcións, xa que na primeira que fixen o prebe de soja, enmascaraba totalmente o resto de aromas que se debían encontrar.
  1. Cortamos o polbo en rebandas coma si fose para un polbo a feira. Poñemos nun bol.
  2. Sobre o polbo, relamos o xenxibre (pelado) e o dente de allo. Tamén engadimos o ceboliño cortado e relamos a pel da lima.
  3. Engadimos o prebe de soja, o aceite de sésamo e o wasabi. Removemos ben e deixamos tapado na neveira.
  4. Pasados uns 30/45 minutos, sacamos da neveira e damos unhas voltas para que se mesture ben. Volvemos á neveira e recomendo sácalo con tempo suficiente, para que colla a temperatura ambiente.
  5. Mentres se marina, estiramos a masa follada e cortamos en porcións. Pintamos con ovo e levamos ó forno, prequecido a 200º, uns 20 minutos.
  6. Deixamos arrefriar a masa follada e, cos dedos, facemos uns buratos no centro de cada anaco de masa.
  7. Presentamos o polbo dentro da masa follada e regamos cun pouco de líquido da maceración.
Eu fixen a presentación ca masa follada, pero pode ser guarnición un arroz branco, unha ensalada de algas ou aquelo que vos guste.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es