Ir al contenido principal

Carrileiras con patacas e ceboliñas

Ir á receita en castelán
Non sei a vos, pero a min gústanme as receitas "viejunas". As receitas de sempre que se fan moi lentamente, será cousa da idade.
  • 2 quilos de carrilleiras de porco
  • 2 cebolas medianas
  • 4 dentes de allo
  • 1 porro
  • 1 cenoria
  • 5 chalotas
  • 3 tomates pera
  • 350 ml. de viño branco
  • Pementa negra moída
  • 1 rama de romeiro
  • 1 rama de tomiño
  • 10 graos de pementa negra
  • Pementón de la Vera
  • Caldo de carne (en cantidade suficiente)
  • Patacas de guarnición
  • Ceboliñas francesas
  • Sal e aceite
As carrilleiras son unha das pezas que mais me gusta cociñar. Xa sexan de porco ou de tenreira, conquístate a súa melosidade e a tenrura despois da longa cocción.
  1. Limpamos da graxa exterior das pezas e salpimentamos.
  2. Pasamos as carrilleiras por aceite nunha cazola para selalas. Se vos parece, podedes pasar as pezas por fariña, antes de levar ó aceite. Reservamos.
  3. No mesmo aceite (retirando o que vexamos que sobra), poñemos a pochar o conxunto das verduras, que non vos importe o corte, pois logo imos a triturar todo. Deixamos que se fagan amodo.
  4. Cando as verduras estean no seu punto, engadimos as carrilleiras, o pementón e damos unhas voltas para que se mesturen cas verduras. Incorporamos o viño branco e deixamos que se evapore o alcohol.
  5. Botamos a rama de romeiro e tomiño e cubrimos co caldo de carne. Deixamos que se vaian facendo lentamente. Vaille levar entre 90/120 minutos.
  6. Mentres se fan as carrilleiras, pelamos as patacas de guarnición e as ceboliñas francesas, salteamos nunha tixola para que collan cor.
  7. Retiramos as carrilleiras cando vemos que lle queda unha media hora. Trituramos as verduras co batedor e pasamos polo chino, vai a quedarnos un prebe cheo de sustancia.
  8. Volvemos o prebe á cazola, engadimos a carne e as patacas e ceboliñas reservadas. Deixamos que se fagan a media hora que lles queda. Se vedes que necesita auga, non dubidedes en incorporala, a auga nunca estraga un bo prebe.
Soamente nos queda levar as nosas carrilleiras á mesa. Non esquezades mercar un bo pan, xa que vos van a deixar os pratos limpos.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es