Ir al contenido principal

Lombo de bacallau Skrei con escama de patacas e espinacas

Ir á receita en castelán
Si hai un alimento típico da coresma, este é o bacallau. Neste caso bacallau fresco Skrei.
  • 2 lombos de bacallau fresco Skrei.
  • 3 patacas pequenas
  • Manteiga
  • Espinacas baby
  • Aceite
  • Sal
  • Pementa
O bacallau Skrei (nómade en noruegués), que nos chega dende Noruega, foi aumentando a súa cota de mercado no últimos anos.
A chegada desta especie a augas de Noruega, prodúcese entre os meses de xaneiro e abril. Fai unha viaxe duns 4.000 quilómetros, cas ovas no seu interior, ate augas un pouco mais cálidas de Lofoten, onde desova.
Desenrola a súa madurez sexual con catro ou cinco anos e alcanza un peso duns tres quilos. Na súa viaxe migratoria aliméntase de mariscos e arenques, o que fai a súa carne firme, zumenta e con menos graxa cos seus parentes mais sedentarios.
Como xa coñecemos algo sobre a especie, imos a cociñalo.
  1. Salpimentamos os lombos de bacallau e poñemos nunha bandexa de forno untada con manteiga.
  2. Pelamos as patacas e cortamos en rodelas finas cunha mandolina ou un coitelo moi afiado. Escaldamos, uns minutos, as patacas en auga con sal. Escoamos.
  3. Derretemos manteiga e a salgamos. Imos pasando as rodelas de patacas por ela e as imos pegando nos lombos do bacallau.
  4. Prequecemos o forno a 200º, poñemos a bandexa no medio e deixamos facer uns 10 minutos. Vixiamos que se doure a pataca, que non se queime.
  5. Mentres se fai o bacallau, salteamos as espinacas en aceite e salpimentamos.
  6. Servimos os lombos de bacallau, sobre una base de espinacas. Podemos regar por riba o prebe da bandexa.
Seguramente si, pero si aínda non foi a vosa mesa, non dubidedes en probarlo. Estamos a falar dunha textura que non ten nada que ver co bacallau que normalmente cociñamos, o salgado.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es