Ir á receita en castelán
Cando xuntas produtos de calidade, aínda que prepares unha receita moi sinxela, o resultado sempre é bo.
- Boqueróns en aceite de Paco Lafuente
- Cebola morada
- Tomate kumato
- Galletas mariñeiras Da Veiga
- Vinagre do Ribeiro Albarro I
- Sal
- Aceite de oliva
De novo vimos ó blog con unha receita con conservas e cun produto que eu aínda non vira envasados, boqueróns en aceite que mesturaremos cunha cebola marinada no vinagre.
- Preparamos unha vinagreta con unha proporción de duas de aceite e unha de vinagre, salgamos.
- Picamos a cebola e o tomate sen sementes. Poñemos nun bol e engadimos a vinagreta. Mesturamos ben e deixamos que macere como mínimo unha hora.
- Para o servizo, abrimos a lata dos boqueróns. Poñemos unhas galletas, sobre elas un golpe de cebola e tomate e por riba un boquerón.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito