Ir á receita en castelán
Hoxe toca peixe, un peixe que mestura a auga doce ca salgada: o salmón.
Hoxe toca peixe, un peixe que mestura a auga doce ca salgada: o salmón.
- 2 supremas de salmón
- 10 espárragos verdes
- Touciño afumado
- Patacas de guarnición
- 100 ml aceite de oliva
- 1 culler pequena de mostaza
- 30 ml vinagre de mazá
- Sal en escamas
Xa temos feito o salmón en hamburguesa, en paquetes de repolo, ó valeiro, en rilletes, etc. Pero nesta ocasión imos a marinalo e a pasalo polo forno.
- Mesturamos o aceite, o vinagre e a mostaza. Batemos ben ata conseguir unha mestura homoxénea.
- Poñemos as supremas de salmón no líquido de maceración e deixamos que repouse unha hora.
- Cocemos as patacas con pel. Pasamos por auga fría, pelamos e reservamos.
- Cortamos a parte mais leñosa dos espárragos e pelamos lixeiramente. Escaldamos uns tres minutos e inmediatamente pasamos por auga moi fría para parar a cocción, queremos manter a cor verde. Pasamos a papel de cociña e reservamos.
- Troceamos o touciño en tiras e reservamos.
- Escoamos o salmón e pasamos a unha tixola sen aceite para selar. Levamos o salmón a unha fonte de forno e facemos uns 10 minutos a 175º. Segundo vos guste mais o menos feito, teredes que xogar co tempo.
- Mentres se fai o salmón, salteamos, nos xugos que deixou o salmón na tixola, as patacas e os espárragos co touciño.
- Poñemos, para o servizo, unha base de espárragos e touciño, por riba a suprema de salmón e acompañamos cunhas patacas.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito