Ir á receita en castelán
Este prato de pasta leva unha das carnes que mais me gusta.
Trátase dunha carne de cocción lenta e que resulta moi melosa: o xarrete.
- 300 grs de macarróns
- 200 grs de xarrete
- 1 tomate
- 1 cebola mediana
- 1 dente de allo
- Pemento vermello (ó gusto)
- Pementa negra
- Comino moído
- Prebe de solla
- Aceite de oliva
- Sal
- Queixo parmesano (opcional)
Esta
receita foi publicada en Directo al Paladar e confeccionada por Pakus
(Futuro Bloguero). Ó ver que usaba esta peza de carne, decidín que eu
tiña que facela. E este é o resultado.
- Cortamos o xarrete en rodelas de un cm. aproximadamente. Picamos un cuarto da cebola e mesturamos con unha cullerada de aceite, dúas de prebe de solla, pementa negra, un belisco de comino moído e sal (ollo que o prebe de solla é salgado). Mesturamos ben e deixamos a carne macerando unha hora mínimo.
- Mentres picamos o resto da cebola, o dente de allo, o pemento vermello e relamos o tomate. Pochamos as verduras e, cando estean brandas, engadimos o tomate relado. Deixamos evaporar o exceso de líquido e reservamos.
- Pasado o tempo do adobo, escoamos a carne e pasamos polo lume para douralo. Engadimos auga e deixamos facer a lume brando entre 30/40 minutos. Reservamos o líquido da maceración.
- Pasado o tempo de cocción, cortamos a carne en tiras finas.
- Engadimos ó sofrito reservado a carne en tiras, o líquido da maceración e auga da cocción da carne na medida que lle faga falta. Deixamos que se faga uns 20 minutos a lume brando.
- Cocemos a pasta e mesturamos co prebe preparado.
- Podedes engadir queixo relado.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito