Ir á receita en castelán
Sabedes que non son moi dado a facer doces, pero hoxe animeime con estas galletas de canela.
- 100 grs de manteiga
- 100 grs de azucre
- 1 ovo
- 3 culleradas de canela
- 250 grs de fariña
- 1 culler pequena de lévedo químico
- Azucre glas
Con distintos moldes podedes darlle formas e dese xeito facelas mais atractivas. Na casa gustaron ben, tanto a grandes como a pequen@s.
- Ablandamos a manteiga e batemos co azucre ata que estea cremosa.
- Engadimos o ovo, a canela e continuamos batendo.
- Mesturamos o lévedo ca fariña peneirada e imos engadindo pouco a pouco. Deberemos conseguir unha masa homoxénea. Envolvemos en film de cociña e deixamos 30 minutos na neveira.
- Sacamos a masa da neveira e a poñemos entre dous papeis de forno. Co rodete estiramos ate conseguir unha lámina fina.
- Volvemos a levar á neveira outros 30 minutos.
- Prequecemos o forno a 180º e imos cortando cos moldes. Poñemos na bandexa do forno un papel de forno e sobre el as galletas. Horneamos entre 10/15 minutos.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito