Ir á receita en castelán
Seguramente os amantes da morcilla de Burgos, os vai a gustar esta receita. O contrapunto que lle pon a mazá caramelizada, é fantástico.
- 2 láminas de masa follada
- 2 morcillas de Burgos
- 2 manzás golden
- Azucre
- Aceite
- 1 ovo
Cando foi o aniversario de Andrea (a miña neta pequena) Íñigo Atapuerca (o seu pai), preparou uns ricos petiscos de masa follada, morcilla e mazá.
El preparounos en pequenos bocados, pero eu, que son mais vago, fixen un bocado grande: unha empanada.
- Pelamos, descorazonamos e cortamos miúda a mazá.
- Poñemos a mazá nunha tixola a lume brando con dúas ou tres culleradas de azucre (vai a depender do voso gusto). Deixamos que se vaia caramelizando lentamente.
- Mentres se fai a mazá, retiramos a pel da morcilla e picamos fina (xa se nos vai a ir desfacendo).
- Cando a mazá estea no seu punto, retiramos e escoamos ben do aceite.
- Devolvemos a mazá á tixola, xunto coa morcilla e damos unhas voltas para que se mesturen ben.
- Estiramos unha lámina de masa follada e cubrimos ca mestura de morcilla, deixando un cm de marxe nos bordes. Cubrimos ca outra lámina e pechamos os bordes.
- Facemos un burato no centro da empanada, pintamos con ovo batido e levamos ó forno, prequecido a 200º, uns 20/25 minutos. Xa ides vendo a cor que toma. Servir atempada.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito