Ir al contenido principal

Sandwich de ensaladilla

 Ir á receita en castelán


Como lle lin, nestes días, o meu amigo Alfonso López, xa veremos si esta é a derradeira ensaladilla da tempada.

  • Crackers
  • Paté de centola (ou o que vos guste)
  • Patacas
  • Ovos
  • Bonito en aceite
  • Olivas enchidas de pemento
  • Maionesa
  • Sal
Eu son moi espartano e particular ca ensaladilla, unicamente uso patacas, ovos, olivas e bonito en aceite de oliva.
Como vai a ir nunha pequena galleta vai a ir todo moi picado.
Cada un que faga a ensaladilla como teña costume.
  1. Poñemos a cocer os ovos e as patacas con pel. Deixamos arrefriar.
  2. Desmiuzamos o bonito e reservamos o aceite.
  3. Picamos as olivas.
  4. Pelamos os ovos e picamos en anacos pequenos
  5. Pelamos as patacas e picamos en anacos pequenos.
  6. Nun bol botamos as patacas, os ovos, as olivas e o bonito. Damos unhas voltas para mesturar ben e regamos co aceite da lata do bonito. Volvemos a remexer. Deixamos repousar uns minutos na neveira.
  7. Para a montaxe engadimos dúas ou tres culleradas de maionesa á ensaladilla e untamos as crackers co paté de centola.
  8. De base unha galleta, un golpe de ensaladilla e cubrimos con outra galleta.
Non descubrimos nada, pero imos a presentar a ensaladilla en formato de bocado na nosa mesa.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito