Ir al contenido principal

Empanada de lombo e champiñóns

 Ir á receita en castelán

No título da receita fala de champiñóns, pero podedes usar a seta que mais vos guste ou que mais se adapte á empanada.
Co tema da masa, o que digo sempre, ou a facedes, ou a comprades fresca. Hai panaderías que venden da de eles.
  • Masa feita ou mercada
  • 175 grs de champiñóns
  • 4 filetes de lombo de porco
  • 200 grs de sofrito de tomate
  • 3 pementos de piquillo
  • 2 ovos cocidos
  • 1 ovo cru
  • 3 dentes de allo
  • 100 ml de viño branco
  • Tomiño, ourego, pementa, aceite de oliva e sal
A empanada da fotografía, foi feita con dúas láminas de masa fresca para empanadas.
  1. Mesturar dous dentes de allo picados cun pouco de tomiño, ourego e o viño; deixar os filetes de lombo neste adobo durante un par de horas.
  2. Limpar os champiñóns, laminalos e refogalos nunha tixola cun pouco aceite e un dente de allo cortado en láminas, ata que se elimine toda a auga. Salpimentar e reservar nun bol.
  3. Picamos os pementos, os ovos cocidos e engadimos ó bol dos champiñóns. Incorporamos o sofrito e mesturamos ben.
  4. Sacamos os lombos do adobo, secámolos, sazonamos con sal e pementa e pasamos por unha prancha quente cun pouco de aceite. Non os facemos demasiado, pois  remataran de facerse na empanada
  5. Cortamos os lombos en anacos e os engadimos ó bol. Remexemos para que se mesturen ben todos os ingredientes.
  6. Estiramos a metade da masa e repartimos a mestura. Tapamos ca outra metade da masa, pechamos os bordes, facemos un burato no centro e pintamos con ovo batido.
  7. Levamos ó forno, prequecido a 190º, uns 25/30 minutos. Xa imos vendo a cor que toma.
Xa vedes que imos a levar a nosa mesa unha empanada de tempada, pois aínda que non hai moitas, estamos de cheo na tempada de setas.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito