Ir al contenido principal

Salmón marinado con prebe de iogur e cítricos

 Ir á receita en castelán

Que tal si hoxe nos metemos cun rico prato, de eses que non pasan polo lume, que vai a estar cheo de contrastes, de sabores que se nos van a compenetrar e do frescor que aportan os cítricos.
  • 400 grs de salmón marinado
  • 1 Iogur natural
  • Zume de 1/2 laranxa
  • Aneto
  • 1 pera de auga (blanquilla)
  • Auga
  • Azucre
  • Sal
Para a elaboración do prato, podemos mercar o salmón xa marinado, ou facelo nos. Se decidides facelo na casa, pinchando aquí vos deixo o enlace á receita.
  1. Cortamos o salmón en dados e reservamos.
  2. Poñemos a ferver a auga co azucre e así que ferva, incorporamos a pera cortada en dados pequenos. Deixamos que se faga o xarope. Retiramos do lume e reservamos.
  3. Batemos o iogur co zume da laranxa nun bol. Non incorporamos o zume de golpe. Queremos que nos quede unha crema untuosa. Engadimos un par de beliscos de aneto, un belisco de sal e mesturamos ben.
  4. Cortamos unhas tiras de pel de laranxa e de limón, tendo coidado de que non leve nada da parte branca. É moi doado de facer cun pela patacas. Cortamos en xuliana fina as tiras de limón e laranxa.
  5. Para a presentación, poñemos un fondo de prebe de iogur, poñemos os anacos de pera en xarope, os dados de salmón e a xuliana de peles.
Xa temos un espléndido prato, onde o ácido do iogur, o doce da pera e frescor dos cítricos, farán as delicias dos vosos comensais.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito