Ir al contenido principal

Patacas panadeira, piquillos e ovo de paspallás

 Ir á receita en castelán

Non hai patacas mais saborosas, que as que se fan para a tortilla. Por eso nesta sinxela receita, as imos a fritir dese xeito.
  • 4 patacas
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • 4 pementos de piquillo
  • 4 ovos de paspallás
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • Azucre
  • Ceboliño 
  1. Cortamos as patacas tipo panadeira, como para tortilla de patacas, e fritimos a lume brando con cebola e un dente de allo.
  2. Nunha cazola facemos os piquillos co outro dente de allo en aceite, tamén a lume brando. Cando vexamos que  empezan a estar feitos, engadimos un pouco de azucre e mesturamos ben. Reservamos.
  3. Poñemos un aro de empratar e facemos un timbal cas patacas e por riba os piquillos.
  4. Fritimos un ovo de paspallás e poñemos na cima do noso timbal. Picamos ceboliño e engadimos un pouco de aceite dos piquillos.
Xa vedes unha presentación de dez e un sabor de doce, con ingredientes que todos temos nas nosas casas.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito