Ir al contenido principal

Langostinos marinados en cítricos e Pedro Ximénez

 Ir á receita en castelán

Despois de unha receita contundente, como a Empanada de zorza e queixo Arzúa Ulloa, imos con unha moi refrescante.
Imos a marinar os langostinos con  laranxa, limón e un pequeno golpe de Pedro Ximénez.
Non estamos diante dun ceviche, pero a sensación en boca e o zume que solta fainos recordalo.
  • 10 langostinos cocidos
  • 1 laranxa
  • 1 limón
  • 1 ceboleta pequena
  • 1 chupito de viño doce Pedro Ximénez
  • Ceboliño
Non estamos diante dun ceviche, pero a sensación na boca e o zume que solta fainos recordalo.
  1. Pelamos os langostinos, picamos en anacos pequenos e poñemos nun bol.
  2. Pelamos a laranxa e o limón, eliminando totalmente a parte branca da pel.
  3. Cun coitelo ben afiado, imos separando os cuarteiróns da membrana que os une, de xeito de que nos quede unicamente a carne da froita. Picamos en anacos pequenos e engadimos ó bol dos langostinos.
  4. Picamos a ceboleta en plumas e engadimos ó bol.
  5. Incorporamos o viño (un chupito pequeno) e o ceboliño picado.
  6. Mesturamos ben todo, tapamos con film transparente e deixamos na neveira como mínimo dúas horas.
Presentamos este rico aperitivo en pequenas culleres de presentación e veredes como vos piden que repitades este aperitivo.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito