Ir al contenido principal

Pastel de carne en masa follada

 Ir á receita en castelán
  • 1 lámina de masa follada
  • 400 grs de carne picada mixta
  • 2 ovos
  • 100 grs de touciño
  • 50 grs de emmental relado
  • 2 culleradas de cebola frita crocante
  • 2 rebandas de pan
  • leite
  • 1 ovo para pincelar
  • pementa e sal 
Unha vez pasado o período vacacional, hai que empezar a coller un pouco de ritmo.
Imos a empezar cunha receita moi sinxela e que, para os que aínda andades de vacacións, ven que nin pintada para deixar preparada con antelación.
NOTA: se non tedes oportunidade de mercar a cebola fritida, a podedes facer dun xeito moi sinxelo.
Cortades a cebola en plumas finas e pasades lixeiramente por fariña, sacudides ben o exceso de fariña. Fritides en aceite, en pequenas tandas, e cando tomen cor, retiramos a papel absorbente e deixamos arrefriar.
  1. Troceamos o pan en anacos e deixamos uns minutos nun pouco de leite.
  2. Pasamos pola tixola o touciño cortado en tiras pequenas.
  3. Mesturamos, nun bol, a carne, o touciño, a cebola fritida, o queixo, os dous ovos e o pan ben escoado. Salpimentamos e mesturamos ben (mellor cas mans).
  4. Poñemos o forno a prequentar a 200º.
  5. Estiramos a masa follada e na zona que imos a poñer a carne, cubrimos cunha lixeira capa de pan relado (para que non se nos humedeza a base da masa follada). Trasladamos a mestura de carne á masa follada, enrolamos ben, facemos uns pequenos buratos, pinchando cun garfo, e pincelamos con ovo batido.
  6. Levamos ó forno e deixamos uns 25 minutos ou, xa imos vendo esa bonita cor que se lle pon á masa follada.
Veredes que bo corte ten unha vez que estea atemperado. Si o deixades da mañá para o mediodia, vai a estar a unha temperatura estupenda para o corte e para xantar.
Podedes acompañar con un lixeiro ali-oli.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito