Ir al contenido principal

Melón con xamón (un clásico)

 Ir á receita en castelán

Estamos diante dun clásico, o melón con xamón. Unha receita fresca e moi sinxela.
O único que imos a facer é cortalo en anacos pequenos e maceralo en aceite de oliva.

  • Melón
  • Xamón
  • Aceite de oliva virxe 

  1. Cortamos o melón en anacos pequeniños e poñemos nun bol cun fío de aceite de oliva virxe. Damos unhas voltas e deixamos macerar uns 30 minutos na neveira.
  2. Cortamos o xamón, tamén, en pequenos anacos. Mesturamos co melón reservado damos unhas voltas e volvemos a deixar na neveira outros 30 minutos.
  3. Sacamos o bol da neveira, damos unhas voltas e servimos nunhas culleres de presentación. Deixamos que leve un pouco do zume da maceración.
Xa vedes, un aperitivo clásico que imos a presentar de outro xeito. Recordade que o aceite de oliva vai a potenciar os sabores dos alimentos que macera.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito