Ir al contenido principal

Bonito a prancha, tomate concasse e tapenade

 Ir á receita en castelán
Imos a aproveitar que o bonito esta no seu mellor momento, para preparar una saborosa receita con un gran contraste de sabores.
 O punto crítico desta receita, está no paso do bonito pola prancha, que vaia tomando calor para dentro, dun xeito suave. Que nos se nos abrase, xa que nos quedaría seco.
  • Bonito do norte
  • 4 tomates pera
  • 1 ceboleta
  • 3 dentes de allo
  • Olivas negras sen oso
  • Aceite
  • Pementa e sal

  1. Pelamos os tomates, retiramos as sementes e cortamos en anacos. Facemos o mesmo ca ceboleta e dous dentes de allo.
  2. Nun cazo con aceite poñemos a refogar, a lume brando, a ceboleta e os allos. Os 10 ou 12 minutos incorporamos o tomate e deixamos que se vaia facendo, ata que practicamente se evapore o liquido. Salpimentamos e engadimos un pouco de azucre, se fixera falla corrixir a acidez.
  3. No vaso do batedor poñemos as olivas negras, un dente de allo picado e aceite. Batemos ata obter una pasta que imos corrixindo con aceite se nos quedase espesa.
  4. NOTA: Ata este paso, podemos deixalo preparado con antelación.
  5. Pasamos o bonito pola prancha, tendo coidado de que non se nos pase moito e se nos seque. Salgamos ó darlle a volta na prancha.
  6. Servimos o bonito sobre o tomate concasse e acompañamos ca tapenade.
Nada máis saír da prancha voando para a mesa e xa me contaredes o ben que vai esta mestura de sabores.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito