Ir al contenido principal

Tosta de bonito en sofrito

 Ir á receita en castelán
  • 200 grs de bonito en conserva
  • 1 cebola pequena
  • 1/2 pemento verde
  • 1/2 pemento roxo
  • 1 tomate maduro
  • 2 dentes de allo
  • Pan
  • Tomiño
  • Ourego
  • Pementa negra
  • Alfábega
  • Viño branco
  • Aceite de oliva
  • Sal
Xa levaba algún tempo sen poñerme á cociña. Vou con outra preparación fácil e que podemos deixar preparada con antelación. Como vedes, nesta preparación, volvemos a darlle xogo as conservas. Xa vedes que non poden faltar nas despensas das nosas casas.
  1. Abrimos a lata do bonito e escoamos o aceite.
  2. Picamos a cebola, os allos, os pementos e o tomate sen sementes.
  3. Poñemos unha tixola ó lume cun pouco de aceite e engadimos a cebola. Deixamos facer ata que comence a coller cor.
  4. Incorporamos o resto das verduras, o ourego, o tomiño, a pementa negra e sal. Os cinco minutos engadimos un vaso de viño branco e deixamos que se evapore o alcohol e se faga o sofrito lentamente.
  5. Cando o sofrito está, engadimos o bonito e dúas ou tres follas de alfábega picadas. Remexemos, deixamos facer uns tres minutos e retiramos do lume. Ata este paso, o podemos deixar preparado.
  6. Tostamos ou fritimos unhas rebandas de pan e servimos sobre elas o sofrito de bonito reservado.
Xa temos outra estupenda e saborosa preparación para os nosos xantares de verán ou para unha merenda-cea.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito