Ir á receita en castelán
Que vos parece se hoxe facemos algo con carne, ben, pois entón todo un clásico: solombo con patacas.
- 1 solombo de porco
- 2 patacas grandes
- 1 dente de allo
- 1 ovo
- Aceite de oliva
- Sal e pementa
Que vos parece se hoxe facemos algo con carne, ben, pois entón todo un clásico: solombo con patacas.
- Pelamos, lavamos e cortamos as patacas en rodelas de algo mais de medio centímetro. Facemos en aceite a lume brando. Reservamos.
- Mentres se fan as patacas, cortamos o solombo en rodelas un pouco grosas e salpimentamos. Pasamos pola prancha, untada en aceite para que doure. Coidado, xa que aínda vai a ir ó forno.
- Fritimos o dente de allo en aceite, tendo coidado de que non se queime. Machacamos nun morteiro e deixamos arrefriar.
- Poñemos o allo machacado no vaso do batedor, engadimos o ovo e imos montando a maionesa co aceite.
- Prequecemos o forno a 220º.
- Nunha bandexa poñemos unha base de patacas, unha rodela de solombo, outra de pataca e outra de solombo. Poñemos por riba unha pouca maionesa. Levamos ó forno (por iso non é convinte pasar moito o solombo na prancha) e estará listo, cando a maionesa colla una lixeira cor tostada (color do pan).
- Para o servizo, podemos poñer unha pequena capa de maionesa no prato e por riba o montado de solombo.
Pódovos asegurar que este clásico está realmente bo e non podedes deixar de preparalo.
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.esNo Facebock: http://www.facebook.com/boproveito