Ir al contenido principal

Xudías verdes con tomate, pataca e a súa allada con ovo poché

 Ir á receita en castelán
  • 400 grs de xudías verdes
  • 150 grs de tomate frito
  • 1 ceboleta
  • 3 dentes de allo
  • 2 ovos
  • 2 patacas
  • Pementón agridoce de la Vera
  • Aceite sal e pementa
Estamos diante dun clásico de toda a vida: patacas, xudías, ovo e refrito. Un clásico sinxelo e que gusta a case todo o mundo.
Imos a darlle un pequeno xiro e a presentalo doutro xeito 
  1. Quitamos os fíos laterais das xudías e cortamos en anacos. Lavamos e cocemos ó dente. Escoamos e reservamos
  2. Cocemos as patacas e chafamos cun garfo para facer un puré. Reservamos.
  3. Pelamos e fileteamos dous allos. Poñemos aceite nunha tixola e deixamos que os allos tomen cor. Nese momento sacamos do lume, retiramos os allos e engadimos o pementón. Removemos rápidamente para que o pementón non se nos queime. Poñemos nun recipiente para que decante e nos quede o aceite limpo.
  4. Cortamos a ceboleta en plumas finas e o outro allo en anacos pequenos. Nunha tixola con aceite, facemos os allos e a ceboleta uns sete minutos. Engadimos as xudías reservadas e o tomate frito. Damos unhas voltas ó conxunto para que se mesture.
  5. Facemos o ovo poché (cada quen que o faga como mellor lle saia) nun anaco de film de cociña, untado de aceite, botamos o ovo, facemos un atado e poñemos a cocer sin deixar ferver a auga a borbotóns. O proceso levará uns cinco minutos, pero como vai en film transparente, xa ides vendo. O tema é que non cualle a xema. 
  6. Montamos o prato de servizo, cun fondo de puré de pataca al que lle temos engadido un pouco do aceite da allada. Sobre o puré poñemos un golpe de xudías con tomate e sobre estas o ovo. Salgamos a xema con sal en escamas. Poñemos uns chips de allo polo prato e engadimos un pouco de allada.
Recomendo para comelo, romper o ovo e mesturar todos os ingredientes. A recomendación de sempre, acompañar de bo pan, xa que imos a mollar.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito