Ir al contenido principal

Sukalki (guiso vasco)

 Ir á receita en castelán
  • 1 kg de xarrete
  • 500 grs de patacas
  • 1 cebola morada
  • 1 cebola branca
  • 2 cenaorias
  • 1 porro
  • 1/2 pemento verde
  • 1/2 pemento vermello
  • 1 nabo
  • 100 grs de tomate frito
  • 3 ramas de pirixel
  • 3 pementos de piquillo
  • 2 culleradas de polpa de pemento choriceiro
  • 1 vaso de viño branco
  • Caldo de carne
  • Aceite e sal
Seguimos un pouco carnívoros con este prato tradicional da cociña vasca. Un guiso de tenreira, patacas e verduras.
Un prato que está moi presente nas sociedades gastronómicas e nos concursos gastronómicos.
Un prato feito con unha das mellores pezas (para min): o xarrete.
  1. Cortamos a carne en anacos grandes e facemos en aceite a lume forte. Selamos ben todas as pezas.
  2. Picamos as cebolas, as cenorias, o porro, o nabo e o pirixel. Pochamos as verduras no mesmo aceite de pasar a carne. Deixamos que se faga uns 30 minutos aprox.
  3. Engadimos o viño branco e deixamos evaporar.
  4. Incorporamos o tomate frito, os pementos de piquillo e deixamos que se faga o conxunto uns 15 minutos mais.
  5. Engadimos a carne e cubrimos co caldo quente. Incorporamos a polpa do pemento choriceiro e deixamos que se vaia facendo a lume brando unhas dúas horas e media aproximadamente.
  6. Se vemos que o prebe se reduce moito, podemos ir engadindo caldo quente os poucos.
  7. Mentres se fai a carne, pelamos as patacas, cortamos en anacos e fritimos a lume brando, para darlle un golpe forte de calor para rematar.
  8. Cando a carne estea feita a retiramos e trituramos as verduras da cocción. Pasamos o resultado polo chino e incorporamos a carne e as patacas. Deixamos uns minutos para que as patacas collan sabor.
Penso que non hai moito máis que explicar, servimos nos pratos e acompañamos cun bo pan, que ides a mollar, e un bo viño tinto.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito