Ir á receita en castelán
ota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito
- Brotes frescos para ensaladas
- Mexillón en escabeche en conserva
- Pemento vermello
- Pemento verde
- Ceboleta
- Vinagre de mazá
- Aceite de oliva virxen
- Sal
Retomamos as nosas conservas, as que tanto nos facilitan a nosa cociña e lle aporta tanto sabor.
A pouco que lles fagamos, imos a ter un rico prato como é o que nos ocupa.
- Picamos en dados pequenos o pemento vermello e verde. Cortamos en plumas finas a ceboleta.
- Poñemos as verduras picadas nun recipiente co vinagre, aceite e sal (cantidades o voso gusto). Deixamos macerar ó menos media hora.
- Sacamos os brotes da bolsa e deixamos que se aireen mentres se maceran as verduras. Abrimos a lata de mexillóns.
- No prato de servizo poñemos unha base de brotes, repartimos as verduras maceradas e regamos co líquido da maceración. Colocamos os mexillóns por riba e, si queredes, podedes aliñar co escabeche da lata, pero con coidado que xa leva aceite da maceración.
ota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito