Ir á receita en castelán
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito
- 10 langostinos cocidos
- 1 aguacate
- 1 ceboleta
- 1 culler pequena de alcaparras
- 1 tomate
- 1 pepinillo en vinagre
- 1 lima
- Aceite de oliva virxe
- Sal en escamas
Continuamos cas preparacións sinxelas para o verán e que deixamos preparadas con antelación.
Nesta ocasión imos a mesturar unha parella que se leva ben, aguacate e langostino
- Picamos a ceboleta, o tomate sen sementes, o pepinillo e as alcaparras. Mesturamos e reservamos nun bol.
- Pelamos e picamos os langostinos, deixando algún para decorar. Engadimos ó bol das verduras.
- Sacamos a carne do aguacate, picamos fino e engadimos ó bol mesturando ben todos os ingredientes.
- Engadimos o zume da lima e un chorro pequeno de aceite, Damos unhas voltas e deixamos que se mesturen ben os sabores.
- Para o servizo presentámola como máis nos guste. No caso da fotografía, montouse cun molde redondo, un langostino por riba e unhas escamas de sal.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.esNo Facebock: http://www.facebook.com/boproveito