Ir al contenido principal

Caldo de nabos e chourizo

 Ir á receita en castelán

  • 3 nabos
  • 1 cebola
  • 1/2 pemento verde
  • 2 cenorias
  • 200 grs de garavanzos cocidos
  • 3 patacas
  • 2 dentes de allo
  • 1 chourizo
  • Caldo de polo
  • Pirixel 
  • Sal e aceite de oliva
Xa sei que estamos a mediados do mes de maio, pero tal e como está vindo o mes, este caldo quente como que apetece.
Imos a usar un montón de vexetais e o chourizo para aportar o toque de carne.
  1. Damos un fervor, de uns seis ou oito minutos, ó chourizo, para que perda parte da graxa. Eu sempre o fago para que non me engraxe de mais os pratos. Retiramos da auga, cortamos en rodelas e reservamos.
  2. Mentres temos o chourizo a perder a graxa, picamos todas as verduras en anacos e cortamos as patacas escachando no final do corte.
  3. Nunha cazola con aceite, poñemos a cebola, o pemento verde e os dous dentes de allo. Deixamos facer ata que comencen a tomar cor.
  4. Engadimos o chourizo reservado e deixamos facer un par de minutos.
  5. Incorporamos o resto das verduras, os garbanzos e as patacas. Deixamos que se faga o conxunto uns tres minutos, dando voltas.
  6. Cubrimos o conxunto co caldo de polo e deixamos cociñar uns 30 minutos. Se fixera falla engadimos mais caldo.
Se o facedes de véspera os sabores dos vexetais, van a gañar en potencia.
Servir quente que así no lo pide o corpo.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito