Ir á receita en castelán
- 1 xarda
- 1 pataca mediana
- 1 cebola pequena
- 1/2 pemento roxo
- 2 dentes de allo
- Aceite de oliva
- Sal
Dicirvos, antes de nada, que as medidas que se dan son para unha ración.
Xa temos comentado en outras ocasións que no sinxelo, case sempre está o superior.
Na receita que tratamos hoxe, e na miña modesta opinión, estamos ante esa afirmación. Un pescado barato, unha pataca e unhas verduras, van a facer que teñas diante un dos grandes pratos de peixe.
- Pedimos na peixería que nos limpen ben a xarda, que lle quiten a espiña central e nos fagan dous lombos.
- Cortamos as patacas para panadeira, fileteamos os allos (un pouco grosos), cortamos a cebola en plumas e o pemento en tiras. Poñemos o conxunto das patacas e vexetais, nunha tixola con aceite suficiente e deixamos facer moi despazo.
- Mentres se fan as patacas, retiramos o resto de espiñas pequenas e poñemos nun recipiente que poida ir ó forno. Regamos con aceite e facemos, co forno prequecido, uns 15 minutos a 190º.
- Salgamos a xarda ó saír do forno e podemos regar cun fío de aceite.
- No prato de servizo poñemos o lombo nun lado e, no outro, as patacas e as verduras. Salgamos e gozamos de un gran prato.
Non vos comento mais do tema, unicamente o tedes que facer e despois xa me comentaredes.
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.esNo Facebock: http://www.facebook.com/boproveito