Ir al contenido principal

Morro de porco guisado

 Ir á receita en castelán
  • 2 morros salgados de porco
  • 3 ceboletas
  • 6 dentes de allo
  • 1 cenoria
  • 1 porro
  • 1 tomate
  • 4 ramas de pirixel
  • 1 cazo (ou pastilla) de caldo de carne.
  • Fariña
  • 1 ovo
  • Patacas
  • Pementa negra
  • Aceite e sal
Xa pasamos o tempo de xaxúns e abstinencias, imos a deixar descansar ó bacallau e veña un prato contundente.
Normalmente o morro de porco forma parte dos nosos cocidos, ó menos eu nunca o vira en prebe. Merece a pena probalo, xa que o prebe deulle un toque moi agradable.
Para completar o prato, poñeremos unha guarnición de bolas de pataca.
  1. Poñemos os morros a desalgar un día e medio antes e limpamos.
  2. Colocamos os morros nunha cazola, cubrimos con auga e incorporamos unha ceboleta, cinco dentes de allo, a cenoria, o porro, o tomate pelado e as ramas de pirixel. Cocemos entre unha hora e unha hora e media, desespumando ó principio.
  3. Mentres se fan os morros, pelamos as patacas e sacamos unhas boliñas, que coceremos uns 10 minutos. Sacamos as patacas da auga e nunha tixola con aceite, deixamos que se vaian facendo moi lentamente. Ó final subimos o lume para que collan cor e costra por fora. Reservamos.
  4. Para preparar o prebe, poñemos a refogar dúas ceboletas ata que abranden, engadimos o caciño (ou pastilla) de caldo de carne, as verduras da cocción do morro e cubrimos con caldo da cocción. Deixamos facer uns 30 minutos.
  5. Secamos os morros, salpimentamos, pasamos por fariña, ovo e fritimos. Reservamos.
  6. Trituramos o prebe (eu deixeino bastante espeso) e incorporamos os morros fritidos e as patacas. Damos un fervor ó conxunto e listo para a mesa.
Se vos gusta o morro, non vos ides a arrepentir de presentar esta receita na vosa mesa.
Nin que dicir ten, que co caldo da cocción imos a facer unha sopa sensacional.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito