Ir á receita en castelán
- 10 ás de polo
- 200 grs de chourizo
- 1 bote de xudións de La Granja
- 1/2 cebola
- 1/4 pemento vermello
- 2 dentes de allo
- pirixel
- Caldo de polo
- 1 vaso pequeno de viño branco
- Aceite
- Pementa
- Sal
Despois de un pequeno tempo de vagar, imos a ver se recuperamos o ritmo.
Pouco a pouco imos a ir camiñando cara o bo tempo, pero tal e como esta, de momento, aínda podemos levar á mesa un prato coma este.
Se tedes a sorte de topar os xudións sen ser de bote, pois mellor e cocer do xeito tradicional.
- Limpamos ben as ás de polo e separamos en dous. Salpimentamos.
- Picamos a cebola e o pemento.
- Nunha tixola, cun pouco de aceite, douramos os anacos de polo, que imos a ir pasando á cazola que usaremos para facer o noso prato.
- Sofritimos, na tixola de dourar o polo, a cebola e o pemento.
- Mentres, e nun morteiro, facemos unha pasta co allo e o pirixel. Engadimos o viño branco necesario e mesturamos ben. Cando o noso sofrito estea a punto, incorporamos a pasta de allo e pirixel. Deixamos facer o conxunto uns tres minutos.
- Engadimos o chourizo en tacos, o polo, os xudións e cubrimos co caldo de polo.
- Deixamos que se vaia facendo de xeito lento. Se fixera falla, engadimos un pouco mais de caldo.
Temos un prato que incorpora as legumes preparadas dun xeito diferente. Nin que dicir ten, está moi bo.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños: